Saturday 18 de May de 2024

Desfile, pasacalles e actividades para os máis pequenos no entroido de Cariño


• A programación elaborada polo Concello abarca desde o sábado 26 de febreiro ao luns 28 de febreiro.

• Rógase que se confirme asistencia ao desfile para poder coordinar a saída e as distancias entre os grupos.

O entroido volve a Cariño coas actividades de rúa como protagonistas. Farao durante tres días, desde o sábado 26 de febreiro ao luns 28 de febreiro, nos que se duplicaron os grupos que actúan, con dúas charangas diarias, que ampliarán as zonas de actuación e o horario. Ademais, tamén haberá actividades dirixidas aos máis pequenos e o tradicional desfile.

O sábado 26 de febreiro haberá unha festa infantil de 17 a 20 horas no polideportivo municipal. A partir das 21:30 horas a ‘Charanga Vos Celtas’ e ‘ Mekánika Rolling Band’ amenizarán as rúas do municipio.

O domingo 27 de febreiro terá lugar o tradicional desfile de entroido, que comezará ás 17 horas con saída do polideportivo municipal ata a Praza Roxa. Estará amenizado pola ‘Batería de Cariño’ e ‘ Brassica Rapa’. Será obrigatorio o uso de máscara en todo momento e, para coordinar a saída e as distancias entre os grupos, rógase que se confirme asistencia no correo electrónico cultura@concellodecarino.gal ata o venres 25 de febreiro.

Por último, o luns 28 de febreiro haberá unha festa infantil de 17 a 20 horas no polideportivo e, desde as 21 horas, ‘ Brassica Rapa’ e ‘Charanga Santa Compaña’ poñerán o broche de ouro aos entroidos cun pasacalles.